« E mentre Siena dorme, tutto tace e la luna illumina la Torre
Senti nel buio, sola nella pace, sommessa Fonte Gaia
Che canta una canzon, d’amore e di passion… »
« Nella Piazza del Campo / ci nasce la verbena
viva la nostra Siena / viva la nostra Siena
nella Piazza del Campo / ci nasce la verbena
viva la nostra Siena / la più bella delle città! »
En Francia La Tendrese, unha vella canción de Bourvil agora na versión de medio centenar de artistas, cantando e tocando xuntos na distancia, grazas á tecnoloxía.
Podemos vivir sen riquezas Case sen penas Sen señores e princesas
-Que deles hai abondo- Mais vivir sen tenrura Non podemos
Non, non, non, non Non podemos
Podemos vivir sen a gloria Que non proba nada Ser descoñecidos na historia
E atoparnos ben Mais vivir sen tenrura Non hai dúbida
Non, non, non, non Non hai dúbida que non
Que doce febleza Que bonito sentimento Esta necesidade de tenrura
Quen chega a nós ao nacer De verdade, realmente, de verdade
O traballo é necesario Pero se tes que quedar Semanas sen facer nada
Ben ... afacémonos a iso Mais vivir sen tenrura
O tempo parece longo Longo, longo, longo, longo O tempo parécevos moi longo
.... (e longa é a letra da canción, que traducimos a correr, coa axuda do tradutor de google)
Por aquí andamos erre que erre empeñándonos en Resistir, e si, desde que empezou o confinamento, deunos por buscar nos clásicos. Quen nos ía dicir hai cousa de tres meses, cando puxemos na clase de Lingua para persoas estranxeiras "Resistiré" para aprender subxuntivos e futuros na versión do Duo Dinámico, dicindo ao alumnado "para fin de curso tendes que cantalo de memoria" que efectivamente acabariamos todo o mundo aprendendo a letra!
Nestes días en que non nos podemos achegar, nin tocar, nin reunir, botamos man de aplicacións
para vernos e escoitarnos na pantalla, como o clásico Skype, como o WhatsApp.
Para grandes xuntanzas temos o Zoom, que agora usa moita xente. Que llo digan a Eric Yuan
que o inventou e nas últimas semanas non dá feito! Artistas, familias, colegas, estudantes...
Nunha destas, teremos tamén as nosas clases por Zoom; tal vez á volta da pascua o intentemos.
De momento, irse familiarizando e aprendendo,
que non nos queda outra se queremos seguir véndonos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario