Hoxe, 2 de abril, celébrase o día do libro infantil, coincidindo co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen en 1805, autor de contos tan famosos como "O soldadiño de chumbo", "A sereíña", "O traxe novo do emperador", "A raíña das neves", "As zapatillas vermellas" ou "O parrulo feo". Vivíu desde os 14 anos en Copenhague onde faleceu en 1875, logo de viaxar por distintos países que lle inspiraron libros de viaxes, como "O bazar dun poeta". Preme aquí se queres ler e lembrar os seus contos, hai centos deles! Celebraremos o seu aniversario escollendo un conto para ler e con esta preciosa curta, na que os libros cobran vida. Unha delicia muda, pero chea de palabras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario