O Castelo érguese no alto vixiando as terras de Monterrei
Grazas ás oportunas nubes pódese soportar un pouco a temperatura que hoxe, a estas horas tempranas da tarde, resulta considerablemente alta.
Rodeando o castelo, pasa o camiño entre un campo de malvas. O guía fala das controvertidas obras de restauración feitas no castelo,
Entre as historias que o guía contou sobre o castelo está a do nobre que agardando á amada compuxo unha melodía para a agasallar e mentras a cantaruxaba un rousinol aprendeuna tamén. O rousinol voou a onde estaba a amada e asubiolle a cantiga aprendida. así cando ela chegou ao castelo xa sabía a canción, e cantouna xunto ao sorprendido amado.
O encargado de facer a análise minerealóxica das augas foi nin mais nin menos que o premio nobel 1906 Santiago Ramón y Cajal, encargado por García Barbón que foi quen doou ao pobo de Verín o balneario.
Seica estas augas son especialmente boas para riles e fígado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario