|
Aula Gaiás convida a
aproximarse á arte, á ciencia e á ecoloxía dunha forma lúdica e pedagóxica a
través das Visitas didácticas á
exposición Auga Doce.
Da man dunha mostra multidisciplinar
con obras procedentes de museos e institucións de recoñecido prestixio como o
MoMa, o Victoria and Albert, o Museo D’Orsay ou o Reina Sofía; a comunidade
escolar poderá traballar contidos ambientais como o cambio climático ou a
explotación dos recursos naturais; aproximarse a diferentes épocas históricas a
través do aproveitamento que as civilizacións fixeron da auga; ou abordar
aspectos científicos como os fenómenos atmosféricos ou as prediccións
meteorolóxicas. Todo partindo da ollada prestada de artistas como David
Hockney, Gerhard Richter, John Constable ou Chema Madoz, no que será unha
aproximación á arte clásica e contemporánea.
As Visitas didácticas á exposición Auga Doce están
dirixidas a grupos educativos desde Educación Infantil ata Bacharelato, con
posibilidade de desenvolver contidos específicos para grupos de Educación
Especial, Ciclos Formativos, Universidade e Aulas de Adultos.
Reserva a túa visita
de balde en
visitasdidacticas@cidadedacultura.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario