Hoxe cúmprense 40 anos dunha data decisiva na vida de Portugal, o 25 de abril. Daquela o país vivía baixo a ditadura de Salazar igual que aquí se vivía baixo a de Franco e os propios militares rebeláronse contra o rexime. Foi unha revolución incruenta: non houbo unha única morte. Unha rebelión contra os privilexios dos poderosos e polo dereito de todos a ter acceso á educación e a unha vida máis digna. Un NON á guerra nas antigas colonias de África e un SI á súa independencia.Unha revolución poética que habilitou locais para (re)abrir teatros e cines e que tivo como símbolo xa mítico e universal unha flor: o caravel vermello. Foi "a revolução dos cravos", un mito na historia de Portugal e de occidente.
A data do 25 de abril vai inevitablemente unida ao cantor e poeta Zeca Afonso, autor e intérprete da famosa "Grândola, vila morena".
Outro grande cantautor, o brasileiro Chico Buarque fai a súa crítica interpretación neste "Fado tropical" do espíritu colonial que subxace na idea de Lusitania. Chico Buarque recita e canta neste vídeo, en medio das imaxes da revolución e a música de Grândola.
Dualismo entre o idealismo e a realidade, a poesía e a prosa, o fado saudoso e a alegría do carnaval. Espíritu atlántico e alma tropical.
Ningún comentario:
Publicar un comentario