1 de maio de 2014

Visita á exposición AUGA DOCE na cidade da cultura

E como non había ser menos, choveu, aínda que parou ao chegar a Santiago -un dos moitos milagres que o apóstolo fai-, pero a cidade da Cultura continúa ofrecendo o aspecto un tanto desolador de lugar permanentemente en obras. Auga, si, e por todas partes, incluída a das lúgubres pozas a carón dos edificios a medio acabar. A exposición moi visual, pero a auga tense que escoitar, tocar, beber... Faltou interacción: mollarse, practicar rabdomancia coas variñas de oliveira para atopar as veas acuáticas do monte Gaiás, entrar nunha nube ou probar as augas termais.
A través das catro plantas do museo pasamos de augas subterráneas, agachadas en grotas, caldas e glaciares ás augas de río presentes en múltiples pinturas de paisaxes, o aproveitamento da auga e as súas manifestacións  na arte contemporánea, a mitoloxía, a arquitectura e a tecnoloxía.

As obras dos aboríxenes australianos, cheas de cor, e a naif arte inuit das terras de xeo, entre o que máis nos chamou a atención.
 
 
 Ninfa de Leiro, pensativa.
A olaria tivo un importante papel no transporte e almacenamento da auga

Medidor de horas de sol



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario