Ás tres mulleres que recibiron o premio Cervantes, María Zambrano (Premio Cervantes 1988), Dulce María Loynaz (Premio Cervantes 1992) e Ana María Matute (Premio Cervantes 2010), a esas "tres marías" únese agora Elena Poniatowska (Premio Cervantes 2013).
Poniatowska recibíu ao longo da súa carreira literaria o Premio Mazatlán de Literatura, en 1971 por Hasta no verte, Jesús mío (1969) e en 1992 con Tinísima, o Premio Nacional de Periodismo de México en 1978 e o Premio Manuel Buendía en 1987. En 2001, La piel del cielo (Alfaguara,
2001) foi Premio Alfaguara de Novela e en 2007, foi recoñecida co importante Premio Rómulo Gallegos por El tren pasa primero (2006). Tamén recibiu diversas distincións honoris causa por
parte de universidades de México, Estados Unidos e Francia.
Ademais das mulleres citadas ao principio recibiron o premio Cervantes escritores
latinoamericanos como Octavio Paz, Juan Carlos
Onetti, Ernesto Sábato, Rafael Alberti, Alejo Carpentier ou Mario Vargas
Llosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario