Próximo luns 26 de novembro o alumnado do instituto formará unha cadea humana para manifestar a súa repulsa contra a violencia de xénero. Sairemos de Rodeira sobre as doce e cuarto do mediodía.
Únete á cadea!
A pasividade fainos cómplices.
Coiraza
|
I
memoria
memoria do corpo, pel e auga
desexo e sentido
memoria do que queremos esquecer
páxina en branco para punzar de novo
memoria
seixo que se desfai e é arrastrado
para non deixar nada que nos magoe
chuvia que non se para
auga que o leva todo
memoria
memoria do que nos queda
do que borramos
profundamente vencidas
dolorosamente vencidas
para defendernos
memoria
memoria do corpo, pel e auga
desexo e sentido
memoria do que queremos esquecer
páxina en branco para punzar de novo
memoria
seixo que se desfai e é arrastrado
para non deixar nada que nos magoe
chuvia que non se para
auga que o leva todo
memoria
memoria do que nos queda
do que borramos
profundamente vencidas
dolorosamente vencidas
para defendernos
II
Coiraza,
casa e casulo,
funil para baixar ao fondo,
ao lugar apartado e pequeno
ao que nada chega
(só esta voz)
e estar comigo
só comigo alí onde o silenzo
preña unha tea clara e permanente
para este pozo definitivo.
III
hoxe es un animal ferido
atrapado sen saída na coiraza
que a noite trouxo
como levar a luz á túa alma
como curar a dor das mans, de cada óso
vaste devorar sen que iso sexa
a penitencia imposta para ti
aínda que o vómito rodee o teu respiro
aínda que non haxa osíxeno nin mar
Coiraza,
casa e casulo,
funil para baixar ao fondo,
ao lugar apartado e pequeno
ao que nada chega
(só esta voz)
e estar comigo
só comigo alí onde o silenzo
preña unha tea clara e permanente
para este pozo definitivo.
III
hoxe es un animal ferido
atrapado sen saída na coiraza
que a noite trouxo
como levar a luz á túa alma
como curar a dor das mans, de cada óso
vaste devorar sen que iso sexa
a penitencia imposta para ti
aínda que o vómito rodee o teu respiro
aínda que non haxa osíxeno nin mar
Marta Dacosta
Ningún comentario:
Publicar un comentario