gallaecia
petrea from quendadeira on Vimeo.
Despois do percorrido polas distintas etapas da pedra pasamos fugazmente polos Códices, dando un mergullo cultural en plena Idade Media. Parte daquela sociedade -entre os séculos X e XV- quedou reflectida nos libros de horas e imaxes en miniatura dos manuscritos, entre os que se figuran o primeiro libro impreso en Galicia (Misal Auriense) e famoso o Códice Calixtino, que vén sendo un compendio das peregrinacións a Santiago no século XII.
Mapa do Camiño de Santiago no Códice Calixtino.
as verbas que deslizan un tránsito de soles
ondas do mar levado
unhas mans que circundan
coma un stradivarius os labios e a cintura
nese momento a sombra perdeuse para sempre:
E ai Deus se virá cedo!
Qué axiña no sagrado as sucesivas voces
os corpos que resumen a vesperal caricia
que nunca houbera amigo
nen perseguir o reino das noites fuxidías
nen respirar a pausa que chamamos amor:
E ai Deus se virá cedo!
A rotación da chuvia persiste na memoria
e percibimos lonxe un hálito sombrizo
se vistes meu amado
quizáis volver os ollos nunha implícita entrega
os cabelos a boca a cintura que xeme:
E ai Deus se virá cedo!
Cae unha folla intacta coma laio
talvez volver os ollos a contemplar o tempo
bailar corpo belido
no centro da mudanza onde o mar é levado
e non saber a forma precisa da demora:
E ai Deus se virá cedo!
Dormir soñar morrer acaso
agardar un encontro para se tornar caricia
e bañarse nas ondas
nas mesmas vivas aguas da existencia
sílabas delicadas ausencias repentinas
a se perder no reino do lamento:
E ai Deus se virá cedo!
Códice
calixtino
|
||
Escolma. Cantiga para ler en tempo de penumbra
|
En clave de Martín
Codax
Axiña pasa o tempo da total transparenciaas verbas que deslizan un tránsito de soles
ondas do mar levado
unhas mans que circundan
coma un stradivarius os labios e a cintura
nese momento a sombra perdeuse para sempre:
E ai Deus se virá cedo!
Qué axiña no sagrado as sucesivas voces
os corpos que resumen a vesperal caricia
que nunca houbera amigo
nen perseguir o reino das noites fuxidías
nen respirar a pausa que chamamos amor:
E ai Deus se virá cedo!
A rotación da chuvia persiste na memoria
e percibimos lonxe un hálito sombrizo
se vistes meu amado
quizáis volver os ollos nunha implícita entrega
os cabelos a boca a cintura que xeme:
E ai Deus se virá cedo!
Cae unha folla intacta coma laio
talvez volver os ollos a contemplar o tempo
bailar corpo belido
no centro da mudanza onde o mar é levado
e non saber a forma precisa da demora:
E ai Deus se virá cedo!
Dormir soñar morrer acaso
agardar un encontro para se tornar caricia
e bañarse nas ondas
nas mesmas vivas aguas da existencia
sílabas delicadas ausencias repentinas
a se perder no reino do lamento:
E ai Deus se virá cedo!
Luz Pozo Garza
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario