NON Á
VIOLENCIA DE XÉNERO!! Hoxe
atopámonos aquí realizando esta
cadea humana que pretende
simbolizar dúas cuestións. Por
unha banda busca ser
o símbolo da
unión e o apoio
sen fisuras que entre
todos e todas nós
lle ofrecemos a todas
as persoas que sexan
vítimas da violencia de
xénero. Pola outra busca
concienciarnos de é unha tarefa de todos e todas perseguir como unha sombra
implacable o machismo e
a violencia que
o acompaña ata
a fin dos
seus días.
Estamos fartos
e fartas da
violencia. Estamos fartos e
fartas de que haxa
persoas que consideren que
outras son menos ca
eles. Estamos fartos e
fartas de quen pensa
que alguén é a
súa posesión, a súa
“cousa”. Así que
perante esta situación dicimos
BASTA!
No período
comprendido entre 2003 e
2011 houbo 605 mulleres
asasinadas polas súas parellas.
Tan só no 2011
foron 61 as mulleres
que perderon a súa
vida a mans do
seu agresor e 343
as que se rexistraron
como vítimas de violencia.
E sabemos que os números reais son
moi superiores a esta
cifra.
Non queremos mirar para outro lado. Debemos actuar
en todas e cada
unha das ocasións que
se nos presenten. E
defender unha escola que non só nos forme en coñecementos senón tamén en
valores, na igualdade e no respecto ás persoas, unha escola que rexeite todo tipo
de violencia e eduque no diálogo como xeito de superación de conflitos.
CONTRA O
MALTRATO ÁS MULLERES,
TOLERANCIA CERO!
NON Á
VIOLENCIA DE XÉNERO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario