Guimarães é coñecida como Berce de Portugal, xa que nela nace a historia do país. No século XI o rei Afonso VI de León e Castela entrega o goberno da Provincia Portucalense ao conde don Henrique, que vai vivir nesta cidade. O conde casa con dona Teresa, filla ilexítima de Afonso IV e media irmá de dona Urraca. Desta unión nace, en 1111, aquel que se convertiría no primeiro rei de Portugal, D. Afonso Henriques.
O vintecatro de xuño de 1128 ten lugar a Batalla de São Mamede, entre as hostes de don Afonso Henriques e as de súa nai, dona Teresa e do Conde de Traba da Galiza, na que os primeiros defendían a independencia do condado fronte ao reino de León. Vence Afonso Henriques marcando así os alicerces da nación Portuguesa. En 1179 Afonso Henriques é recoñecido Rei de Portugal polo Papa Alexandre III.
No século XII, a condesa Mumadona Días funda un convento que se convertirá xunto co castelo nun dos polos dinamizadores da cidade unidos pola rúa de Santa Maria, construíndose arredor a muralla defensiva. As ordes relixiosas dominicana e franciscana instaláronse fóra dos muros do burgo, contribuíndo á urbanización extra-muros e no ano 1853, a Raíña dona Maria II eleva a vila á categoría de cidade fomentando e autorizando o derrube das murallas das que quedan ainda algúns restos.
Mentres tomamos algo nunha terraza da praça da Oliveira, presenciamos a chegada á voda dunha noiva pouco puntual, tanto que xa ninguén se ocupaba de collerlle o veo, e alá foi unha das nosas compañeiras toda disposta.
PROGRAMA
Sábado: visita guiada á cidade de Guimaráns
Almorzo na praça da Oliveira
Tarde libre
Cea no hotel
Domingo: Citânia de Briteiros
Escadarias do Bom Jesús de Braga
Barcelos
Lenda do galo de Barcelos:
"Un peregrino galego que saía de Barcelos camiño de Santiago de Compostela foi acusado de terlle roubado prata a un terratenente e condenárono a morrer na forca. Como última vontade, pediu un encontro co xuíz, que se preparaba para comer un galo asado. O galego xuroulle que, como proba da súa inocencia, o galo se ía levantar do prato e cantaría. O xuíz empurrou o prato para un lado e ignorouno.
Con todo, cando o preso estaba a ser aforcado, o galo levantouse e cantou. O xuíz, comprendendo o seu erro, correu para a forca e descubriu que o galego se salvara grazas a un nó mal feito.
De acordo coa a lenda, o galego volveu anos mais tarde para esculpir o Cruzeiro do Senhor do Galo, agora no Museu Arqueológico de Barcelos."
(Wikipedia)
Ningún comentario:
Publicar un comentario