25 de maio de 2012

Cans


O grupo na rotonda de Cans. O can, en granito, vestido de amarelo e con gravata azul.

A película:
"Arrugas", "Enrugas" ou "Engurras" está baseada no cómic do mesmo nome de Paco Roca. A banda sonora é de Nani García.

Trátase dun filme de animación con personaxes tan expresivos que ao pouco tempo de empezar xa non nos decatamos de estarmos vendo debuxos animados. O protagonista, Emilio, chega a unha residencia para maiores e vai atopándose con distintas situacións ás que non queda outra que adaptarse. Mentras vai perdendo memoria nun proceso irreversible, o seu compañeiro de cuarto vaise volvendo máis xeneroso ao tempo que descubre satisfacción no compañeirismo e a amizade incondicional que antes parecía descoñecer.


Despois da película, presentáronse o director, o guionista e o actor de doblaxe Tacho González.


Á saída, alfombra vermella, foto cos artistas e desfile de chimpíns.








Ningún comentario:

Publicar un comentario