O nome de José/Zeca Afonso quedará para sempre unido á revolución do 25 de abril, cando soaba na emisora Rádio Renascença a canción-himno da Revolução dos cravos Grândola, vila morena que foi o sinal acordado polos capitáns do Movemento das Forças Armadas, Os Capitães de Abril para desencadear a revolución pacífica que acabou coa dictadura do país veciño e coas intervencións militares en países que daquela eran colonias portuguesas como Mozambique, Angola e Guiné Bissau.
Este ano cúmprense 25 anos da morte de Zeca Afonso que naceu un 2 de agosto de 1929 en Aveiro e faleceu nun hospital de Setúbal o 23 de febreiro de 1987.
Zeca Afonso, Coração Inteligente
Emotivo recibimento (os aplausos duraron moito máis) do seu último concerto, no Coliseu de Lisboa.
Grândola, de despedida.
Zeca Afonso, Coração Inteligente
Desde a súa morte segíronse cantando e versioneado as súas cancións, dentro e fóra de Portugal e realizándose tributos, como o que vai ter lugar o próximo 10 de maio en Santiago de Compostela.
Emotivo recibimento (os aplausos duraron moito máis) do seu último concerto, no Coliseu de Lisboa.
Grândola, de despedida.
Para subir a paletilla, versión en clave de rock dun dos temas máis emblemáticos de José Afonso, "Vejam bem":
Ningún comentario:
Publicar un comentario