Como xa é tradicional cada maio, na quenda de tarde fixemos unha vez máis a peregrinación ao monte do Facho. Nada máis chegar á aldea de Donón recibíronnos as maxestosas Cíes sobre un océano azul e brillante. Enseguida comezamos a subida ao pétreo montículo, o noso sacro monte marítimo, unha torre de vixía sobre as rías e a alta mar.
Unha vez no alto, o poboamento-santuario agardaba medio agochado entre herbas crecidas e toxos, celoso de desvelar os seus secretos. Por iso nos dispersamos por alí, para que cada quen escoitase o rumor do mar e o susurro das pedras na orella.
Ningún comentario:
Publicar un comentario