20 de abr. de 2012

II Xornadas de Agostiño

O alumnado da quenda de tarde asistíu á proxección dos documentais e ás charlas organizadas dentro das II Xornadas de Xeografía e Historia  "Agostiño Entenza".



Franjo "dentro do labirinto"

As Xornadas pecháronse cunha interesante charla sobre o monte do Facho impartida polo arqueólogo Xosé Suárez Otero que dirixiu as excavacións xunto cun equipo de arqueólogos alemáns durante os últimos anos. Ademais de falarnos do proceso de recuperación do castro e as dificultades que para levalo a bo termo resaltou a faceta máis salientable e sorprendente deste lugar como
Santuario-Poboamento, chamando a atención sobre o feito de que conflúan ambos os dous, pois existen santuarios por un lado e poboamentos por outro pero ao parecer non se ten noticia de que houbese ese tipo de asentamento e con esa finalidade na época castrexa. Sería algo así como cando imos a San Andrés de Teixido, por poñer un exemplo, e alí atopamos non só o santuario senón tamén a tenda onde venden as figuriñas de pan, os bares e as vivendas da xente.
Contounos tamén que a deidade a quen se dirixía o culto estaba situada precisamente no local onde séculos máis tarde (no XVII) ubicaron a garita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario