Esta vez decidimos sacar a poesía á rúa e rodear o instituto cos textos de Lois Pereiro. Como oracións tibetanas impresas en telas de cores os poemas ondean coa brisa e a xente que por alí pasa detense a ler as belas mensaxes que Lois nos deixou.
Dentro, lembramos que hai todo un mundo de letras galegas moito máis alá das nosas fronteiras ao que demos en chamar GALEGOFONÍA: nace do galego pasa polo portugués e chega aos cinco continentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario