7 de xul. de 2010

Tarde de fin de curso en Rodeira

Todos os grupos da quenda de tarde celebramos a festa de fin de curso cunha merenda no patio do instituto, ricas empanadas e outras delicatesen, doces e moita música, para o que contamos cunha animadísima banda de gaiteiros, Os amantes da gaita do Morrazo -algún dos seus compoñentes asistíu durante o curso ao obradoiro de Mecanografía- e co grupo de pandereiteir@s Amalghama. Como todo fin de curso que se precie houbo alegría e tamén algunha que outra bágoa á hora das despedidas. Non faltaron cantigas e bailes, bicos e abrazos, rosas e cartas de despedida  e como noutras ocasións o poema de Albina que esta vez expresaba o seu contento por ter rematado os estudos de Secundaria ademais de soprar as máis de oitenta velas (é un dicir, porque non había tantas) do seu bolo de aniversario.Somos un grupo de alumnas dunha avanzada idade,estamos facendo a ESO con esforzo e seriedade. Se nos alcanzan os anos faremos unha carreira, sairemos licenciadas anque moitos non o crean. O importante son as notas, non nos podemos queixar: un notable en matemáticas porque sabemos contar. E falando da Historia -e o vamos adiviñar- darannos sobresaliente porque sabemos falar. O disgusto é cos idiomas eu non o quero pensar, van a darnos un suspenso por non saber pronunciar. Pedimos disculpas señores se en algo temos faltado; somos persoas maiores e voltaremos para o ano.
Albina Gallego





Ningún comentario:

Publicar un comentario