Ademais dos tradicionais Obradoiros de Informática, Inglés, Cultura Galega, Debuxo ou Astronomía, este curso presenta novas propostas entre as que se contan Lingua Galega, Lectura de Textos Literarios, Escritura Creativa, Internet e Multimedia.
Outra novidade é que nas Ensinanzas Básicas haberá tamén actividades semanais a xeito de obradoiros nas que se traballarán as distintas formas de acceder á información e tratarase de estimular a memoria de xeito lúdico a base de poesía, teatro e xogos matemáticos.
As clases de Secundaria e Ciclos comezan o 17 de setembro. En Ensinanzas Básicas, algúns Obradoiros e Lingua para Persoas Estranxeiras a matrícula continuará aberta todo o curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario