25 de xuño de 2010

obradoiro de fotografía

Os obradoiros de fotografía veñen celebrándose nos últimos cursos con alumnado de todos os lugares do Morrazo, dende Domaio até Marín.

O alumnado que comeza no módulo I, como iniciación vaise introducindo nos coñecementos básicos da imaxe a través de exercicios prácticos onde se familiariza coas bases da técnica e estética fotográfica. Para quen segue no módulo II o desafío consiste en seguir traballando fotograficamente a bisbarra e a proposta do primeiro trimestre foi realizar unha axenda sobre o pobo de Cangas. Fixéronse máis de mil axendas, e o propio alumnado tivo o compromiso de buscar financiamento co apoio de empresas que prestaron apoio publicitario. Este tipo de iniciativas de publicar constitúe un estímulo importante de cara a afrontar os traballos prácticos pois a posibilidade de edición fai que a súa implicación e interese sexa maior de cara a abordar a fotografía e o curso, e ao mesmo tempo como práctica de iniciativas privadas para o mercado laboral.

Como remate do curso repetimos a experiencia de realizar unha exposición dos traballos realizados, tanto do nivel I como II, este ano tivo como tema o retrato. Baixo o título de “Cangueiros”, retratos de personaxes locais, realizouse a exposición na Capela do Hospital de Cangas contando coa asistencia de centos de persoas.







Desde o Obradoiro creouse o Colectivo Abrenoite, do que podes ver o blog nas ligazóns.


Ningún comentario:

Publicar un comentario