As clases inícianse partindo do debuxo técnico e deseños xeométricos básicos sobre os que se van fundamentar os deseños de debuxo artístico. Os traballos están realizados con sinxelos materiais: lápiz brando, gomas, lápices de sepia, sanguina e pasteis. Nos de tinta utilízanse grafos.
As clases leváronse á cabo na aula de Plástica do Instituto, os luns de cada semana cunha duración de 2 horas e nunha dinámica de traballo na que todos axudan a todos.
Igual que en cursos anteriores este obradoiro mostrou os seus traballos nos paneis do corredor da planta baixa. Velaiquí unha mostra que podes acompañar de música premendo no altavoz que aparece arriba á esquerda da presentación (e quitala voltando a premer).
Ningún comentario:
Publicar un comentario