15 de xuño de 2010

Visita ao parque arqueolóxico da Caeira e Observatorio de Forcarei

A primeiros de xuño o Obradoiro de Astronomía e 4º de Secundaria de tarde fixemos unha visita guiada aos petroglifos da Caeira en Poio, despois de visualizar un vídeo coa recreación da vida no Neolítico no centro de interpretación ubicado no Casal de Ferreirós. Este centro forma parte dun programa máis amplo destinado a dar a coñecer á poboación a historia do noso pasado remoto. A provincia de Pontevedra, centrada precisamente no estudo dos petroglifos (ou petróglifos como lle chaman agora), conta ademais co interesante parque arqueolóxico de Tourón e o de Campo Lameiro que temos intención de visitar cando o inauguren. Nese mesmo programa, a provincia da Coruña céntrase no megalitismo (centro de interpretación de Dombate), a de Ourense nos castros (San Cibrán de Las) e a de Lugo á romanización.




Na Laxe das lebres destacan un cervo con espléndida cornamenta.








Despois da visita adentrámonos en Terra de Montes e logo de facer unha breve parada na vila de Forcarei dirixímonos ao Observatorio, onde nos agardaba o astrónomo Francisco Violat e o informático que colabora con el. Alí recibimos unha detallada explicación sobre as características e funcionamento do telescopio para pasar despois a visualizar algúns dos obxectos celestes por el fotografiados.




Ningún comentario:

Publicar un comentario