Esta foi a despedida no instituto ao compañeiro Agostiño Entenza, acto que foi redactado no xornal Faro de Vigo.
O requiem de Fauré, en palabras do propio compositor, non expresa medo; chegaron a comparalo cun canto de berce para ese soño máis longo que se chama eternidade. Fauré ollaba a morte como unha feliz liberación e unha aspiración a unha felicidade superior. É por iso que dedicamos aquí este Agnus dei ao noso querido compañeiro, agardando encontrar un pouco de esperanza na tristeza que conleva esta despedida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario