Esta vez a quenda de tarde celebrou o entroido contando coa representación de diverso oficios tradicionais, como as fiadeiras que fiaron la, as labregas que viñeron cargadas cos manizos de grelos, cestos de ovos, garavizos para facer lume, vimbios para atar as vides, ... ou a redeira que explicou como remendar as redes.
Tampouco faltou o humor, e había meigas con vasoira, personaxes de conto, bailarinas e piratas que recitaron a súa famosa canción e tamén a de María Soliña, de Celso Emilio Ferreiro.Houbo cantigas, habaneiras e troula; e por suposto non faltaron as orellas nin as filloas que até se prepararon in situ, co forniño e a tixola que formaban parte dun disfraz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario