24 de feb. de 2010

da prehistoria á romanización

Confiando en que este inverno tan chuvioso e ventoso vaia pasando e que despois da tempestade veña a calma, empezamos a pensar nas próximas saídas.
Este curso, encamiñadas cara á prehistoria e romanización

Xa se fixo unha saída a Castrolandín e á cidade balnear de Cuntis, con visita ao museo da Fundación Terra Termarum, o venres 16 de octubro.

Está prevista para marzo unha visita ás Salinas romanas do Areal en Vigo "Salinae".

Queremos visitar as termas da Chavasqueira en Ourense e invitar ao arqueólogo Xosé Lois Vilar para que nos fale dos petroglifos, e estamos agardando a que o Centro de Interpretación de Campolameiro abra as súas portas para visitar esa área arqueolóxica onde se atopan algúns dos petroglifos máis impresionantes da provincia de Pontevedra.

E como cada ano, subir ao monte do Facho en peregrinación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario