4 de nov. de 2009

reconstrución dun castro

Por incrible que pareza, sobre el construíronse casas cando xa se descubrira e coñecía o seu valor arqueolóxico, despois simplemente alí quedaron uns restos á vista e, a falta doutras ceremonias, houbo alí botellón todos os fins de semana durante  varios anos até que o concello decidíu vallalo e parar coa desfeita. Pasou un tempo en que a herba e os couselos seguiron medrando entre as pedras e actualmente, por fin?!?! e aproveitando o Plan E parece que algo se está a facer con aquelas ruínas que despois de centos de anos enterradas corrían o risco de desaparecer nunhas poucas décadas.


Estas son as obras de restauración e reconstrución do castro de Vigo. As fotos da primeira presentación son de mediados de xullo e as da segunda da primeira semana de novembro. Non parece moito o avance, pero xa se sabe que as cousas de palacio van despacio...


Nós estamos agardando a que o centro de interpretación abra para facer unha visita. Esperemos que este curso!






Ningún comentario:

Publicar un comentario