Mouras e mouros son seres míticos que habitan nos castros e penedos dos bosques e dos camiños e tamén nos dolmens, de aí que moitos destes últimos se chamen pedra, anta, arca, capela, casiña ou casa da moura como este dolmen que se encontra no encoro de Maus de Salas, na provincia de Ourense.
Destas criaturas existen numerosas lendas en Galicia e Portugal, e tamén noutras zonas da Europa occidental.
A Poza da Moura (Domaio)
A Torre dos Mouros (castro Sebil, Cuntis)
Hoxe, que é día de Samaín ou víspera de todos os santos (Halloween significa literalmente "víspera de todo o sagrado"), día en que o gando voltaba ás cortes despois de pasar os meses do bo tempo nas serras e nos montes, é un momento propicio para contactar coas fadas. Se coñeces a algunha, fálalle.
E se sabes unha lenda ou se che ocurre unha historia encantada, escríbea nos comentarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario