17 de xul. de 2009

linguas do mundo

O equipo de Normalización do instituto preparou este curso moitas acitividades, entre elas o xogo "amadriña unha lingua" no que participou o obradoiro de InterLinguas e un recitado do coñecido poema de Meendinho da ermida de San Simón traducido ás linguas do alumnado (neste obradoiro participou xunto co alumnado "do país" o alumnado de Lingua para persoas estranxeiras). Así toda a xente escoitou o poema en diferentes linguas, empezando pola galega, que é a versión orixinal, e repetindo o retrouso "eu agardando o meu amigo" en italiano, portugués, rumano, árabe, inglés e francés entre outras. As paredes dos corredores estaban eses días cheas de carteis con mapas dos continentes e nomes e características das linguas amadriñadas, destacando no noso grupo por ser minoritarias, as linguas maternas de Marie France (Beté), de Margaret (Fanti,  Ewe) ou de Fabio (napolitano).











Fabio que buscou en Internet a información sobre a súa lingua nai contounos que o napolitano (napulitano) é a lingua romance falada en Campania e varias rexións veciñas do sur de Italia (Abruzos, Basilicata, Calabria, Lacio, Molise e Puia). Fálano máis de 7,8 millóns de persoas. Trátase do idioma en que se escriben todas as cancións folclóricas napolitanas, “Oh sole mio” e “Funiculì Funiculà”, entre outras moitas  


No aniversario de Marie France, Margaret e Norberta cantaron os parabéns en lingua fanti, Fabio en italiano e Giorghe en rumano.










lingua para estranxeir@s


 





Ningún comentario:

Publicar un comentario