Con motivo do día da paz, da muller, das letras, do San Valentín ou de calquera outro santo, con motivo de comezo ou final de curso; o caso é ter unha excusa para convertir as paredes dos corredores en museo ambulante. E sempre haberá un motivo para que as paredes non permanezan espidas. Neste curso, a poesía e o amor foron os principais protagonistas pero houbo máis e da quenda de tarde tamén se fixeron aportacións: ás linguas do mundo, á exposición de imaxes con poemas de amor, ao concurso de fotografía da natureza (e un alumno de 4º de ESA gañou o accesit polo conxunto de fotografías presentadas), cos deseños do Obradoiro de Debuxo,...
Ningún comentario:
Publicar un comentario