17 de xul. de 2009

festas

Tal vez o día máis caluroso do que vai de ano, a un par de días do solsticio de verán. Ás catro da tarde o patio ferve, por iso trasladamos as mesas da cantina levándoas enriba da cabeza a xeito de chapeu. Improvisamos bancos nas gradas e poñemos mesas máis longas con taboleiros dos almacéns. Todo porque as mesas do paseo da praia están a pleno sol e non temos toldos para garecernos, mentres que no patio vai medrando a sombra proxectada polo edificio e a iso das seis teremos sombra para toda a xente.


Mentras non chegan a sombra e a pulpeira do Carballiño, vemos un resumo das actividades lúdicas do curso na sala de usos múltiples, entre elas o magosto e o entroido deste curso.











Ningún comentario:

Publicar un comentario