17 de xul. de 2009

tarde de teatro

En maio estreouse o novo grupo de teatro da federación de ANPAS que aínda non ten nome propio, e que dirixe o compañeiro Antón Lamapereira.


Representaron tres pequenas obras. A primeira delas teatro lido co título de "Bed & Breakfast" desenvólvese no comedor dunha pensión de Inglaterra; a segunda "A chave na porta" -con cadaleito incluído- vai sobre unha viúva que se desespera en tráxicos saloucos e por último "Carta de Amor a Mary", con dous soldados americanos do norte "Made in U.S.A." que nos fixo rir a cachón.





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario