20 de xul. de 2009

illas atlánticas

Illa de San Simón

O venres 17 de octubro alumnado de Ensinanzas Básicas, Secundaria e algúns Obradoiros pasou a tarde na illa de San Simón. Para algunhas das alumnas maiores o sitio trae tristes lembranzas, pois máis de unha vivíu a experiencia de ter alí na prisión un parente durante a represión franquista.

En todo caso foi unha tarde tranquila na que algunhas coincidiron co fillo  ou co neto.



Sálvora

Se a primeiros do curso non saímos da ría, a finais -o mércores 20 de maio concretamente-, tocou cambiar para a de Arousa, a onde nos desprazamos en dous buses que nos levaron ao Grove . De alí partimos en barco para Sálvora, e unha vez na illa, a organización dividíunos en tres grupos para visitar sucesivamente o faro e a aldea. 




Sálvora é unha illa mítica, tanto que Ramón Cabanillas sitúa nela parte do mito artúrico no seu poema "Na noite estrelecida".

“Baixo a dozura do ceo da nobre Galicia irmán,

onde pola nosa groria inda doirando o fogar

vive aceso o lume sagro dos craros días do clan,

hai una illa encantada de rochedos de coral,

esmeralda verdegaia ó  resplandor do luar,

bicada de manseliñas ágoas de limpo cristal

nas que as sirenas ensaian seu namorante cantar

mentres os pinos lanzales escoitan voces leviáns

que chegan esmorecidas  do misterioso alén-mar.

Amada dos vellos dioses, mortos e esquecidos xa,

que Sálvora lle chamaron afeitos nela a topar repouso

 doce e tranquío de celestiaes afáns, inda está tendida a

 escada que baixa do ceo ó chan, envolveita e recuberta

 de bretemoso cendal feito de rendas garnidas por

diviños teceláns.”

Ramón Cabanillas
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario