10 de abr. de 2019

Obxetos que nos falan

Hai días en que as cousas máis anodinas deciden volvérsenos visibles. Toman corpo e consistencia, unha especie de conciencia propia e póñense a falar ou nós con elas. Ficamos así sabendo o que sinten, como as tratamos ou o moito que nos faltan cando non as temos.
É o caso do paraugas de Xosefa, a besugueira de Carmen ou a tixola de Elena, pero hai máis que falan baixiño e contan historias ao seu dono ou dona, ás veces mesmo secretos... cousas ao ouvido que desvelaremos na revista Abre os ollos, que por este motivo podíase chamar desta vez Abre os Ouvidos.

O paraugas que todo o mundo esquecía

"Recordo como nos coñecemos. Alguén me deixou esquecido na túa casa. Cansaches de preguntar de quen era, pero ninguén se fixo cargo de min, e ointe dicir: co feo que é non me estraña que ninguén o queira.
Deixáchesme na porta sen facerme caso. Sentinme desprezado. Pero pouco a pouco fuches colléndome e sacándome de paseo e dicías: bo, aínda que o esqueza ninguén mo vai coller, quen se vai namorar dunha cousa tan fea. En cambio, ti  cada vez collíasme máis a miúdo, e eu sentíame cada vez máis animado. Unha vez díxenche: teño apertura automática, é cómodo para saír do coche. Íasme collendo cariño ata que me dixaches esquecido no instituto, xusto a final de curso. Outra vez me sentín mal, outra vez ninguén me quer, pensei.
Cando empezou de novo o curso viñeches falar cunha profesora e eu estaba alí cando te vin entrar. Como me alegrei de verte! Ti nin me miraches e eu non podía chamarche a atención, non podía facer nada, e cando deches a volta para saír mirácheme e dixeches oooh! o meu paraugas! canto o busquei! pensei que o perdera.
Que contento me sentín, botárasme de menos, queríasme, non cabía en min de gozo. Desde ese día estou feliz na porta da túa casa, metido no paraugueiro, sabendo que se che fago falta bótasme a man para saír de paseo."
                                                                             Josefa Villar Sa

 Outras veces somos nós quen lle falamos ás cousas...


A Tixola

"Cando viu aquela muller facer unha demostración eu non tiña idea de mercar nada. Ela dicía que era moi saudable, que cociñaba sen auga e sen aceite e a base de charla acabou por convencerme de que a trouxera para casa. Por outra parte pensaba que cos cartos que me ía custar mercaba unha batería completa.
Xa hai máis de vinte anos que estás comigo e co tempo decateime que fixen ben en mercarte. Cociño contigo todos os días e, aínda que uso aceite e auga, fas unha comida moi rica. Tamén tes un don, se por calquer motivo me esquezo de di e se esturra a comida aprovéitase igual pois non sabe mal.
Que dures moitos anos e eu ao teu carón."
                                                                                                                                       Elena Gargamala




A Bisugera

"Entraches na miña casa coma se foses un okupa: alí te quedaches nela: algo tiña que facer contigo, a verdade é que sempre estás disposta a traballar e axudar no que sexa. Es moi xeitosiña, tes un corpo longo pero unhas curvas onde lle corresponde mais unhas mans que se deixan acariciar; gústache que te prepare un vestido estampado de peixes de cores  azuis, as cebolas, as patacas, pementos verdes, tomates vermellos... e logo cunha temperatura moi alta vas tomar unha hora de sol. 
Cando xa está achicharrando ábrese a porta do forno e chega cun colorciño dourado que dá gusto mirar para ela; que cheiro deixa a condenada! só falta que diga "cómeme!" Así que de momento estamos xuntas, xa chegará o día do noso retiro, despois que nos leven para onde queiran."
                                                                                                                                             Teresa Costas



Ningún comentario:

Publicar un comentario