18 de abr. de 2018

Excursión a Santiago: Os tellados de Catedral



A Catedral de Santiago está cuberta de pedras escalonadas. Para acceder cómpre subir un centenar de banzos que nos deixan sen folgos, mais paga a pena.  No alto a visión da cidade e da catedral coas súas cúpulas, torres e pináculos é espectacular. Todo adquire unha perspectiva diferente, en 360º.



Catedral de Santiago,
Catedral de Catedrais!
Chegar á praza do Obradoiro
sentir os Mestres Canteiros,
o son do martelo dándolle ao cincel:
trin trin trin trin,
ver tanta beleza tallada na pedra.

Pedra máxica e forte que nos fala
da cultura e duns homes que,
sen sabelo, estaban tallando historia 
para que nós a poidamos admirar
agora, despois de tantos séculos.

Feliz de contemplar Compostela
desde os tellados da Catedral,
desde onde se pode entender
por que as xentes do mundo
peregrinan a Santiago.

Grazas, Mestres Canteiros!
Que as xeracións vindeiras
poidan seguir disfrutando
destas preciosas pedras.
Pili Abeijón






Vós que os fixeches de Dios ca axuda
de inmortal nome, Mestre Mateo,
xa que aí quedaches homildemente
arrodillado, faláime deso.
Mais c’o eses vosos cabelos risos,
santo dos croques, calás… i eu rezo.
                                          Rosalía de Castro - Follas Novas





Ningún comentario:

Publicar un comentario