20 de abr. de 2018

Concurso fotografía matemática

Pitágoras -ou a súa escola- afirmaba que todo é número.
A matemática agóchase por todas partes: 
na proporción do esqueleto, 
na simetría imperfecta dos ollos,
no empedrado das rúas,
na pendente dun tellado,
na música que escoitamos, 
na estrela e o ourizo de mar, 
na liña do horizonte e máis alá,
 até o infinito 
(matemático)


Desde a feitura dun átomo á de unha galaxia nada se libra de ter forma xeométrica, de ser medido, calculado, calibrado.

Mesmo o deseño exclusivo dun corazón de remolacha,
  lembrando as órbitas elípticas dos planeta.

No departamento de matemáticas decidíuse propoñer este concurso para o alumnado de tarde que non podía participar noutro similar convocado polo concello.

Houbo gañadoras e gañadores, con número -ordinal- e sen número, pero quen participou levou premio ademais de ver durante uns días as súas fotos no panel de exposición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario