10 de abr. de 2018

Atrévete a ler nos sitios máis dispares

O 23 de abril celébrase o día do libro. Desde a biblioteca de Rodeira faise unha proposta para que presentedes fotos nos que o protagonista sexa o libro co fin de expoñelas no taboleiro. Se van acompañadas de texto, mellor que mellor.
A profe de matemáticas, Isabel, fai a súa aportación con esta foto realizada polo seu fillo Ángel.
Quen se atreve a escribir un texto para acompañar esta divertida imaxe?


Tras o éxito de participación no concurso de Fotografía Matemática -fotos que serán expostas durante a Semana da Ciencia, a semana que ven- agora animádevos e botade a voar a imaxinación facendo fotos onde a lectura ocupe un espazo singular. Entregádeas a quen vos dá clase, en xefatura ou na propia biblioteca e podedes engadir un título ou acompañalas de comentario, conto, reflexión ou verso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario