28 de mar. de 2018

Exposición sobre Galiza no tempo dos suevos


In tempore Sueborum trasládanos á nosa historia na Idade Tardo-Antiga, no ocaso do Imperio Romano, cando os suevos se instalan no Noroeste da Península Ibérica. 
Aqueles feitos dos séculos IV ao VI cambiarán o concepto de xentes bárbaras herdado dos romanos. 
A exposición estrutúrase en tres ambientes localizados no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na igrexa de Santa María Nai e no Museo Municipal, para saber da chegada dos suevos, da orixe do cristianismo na época e de como convivían cos galaico-romanos da Gallaecia.
 

No Centro Cultural Marcos Valcárcel abórdase a chegada e instalación dos Suevos na Gallaecia que deu na creación do Reino Suevo no noroeste da Península Ibérica entre os anos  411 e 585,  o primeiro reino bárbaro en Occidente, precedente pioneiro dos reinos da Idade Media e da configuración política da Europa actual.


Na igrexa de Santa María Nai abórdanse aspectos da cristianización e o territorio da Gallaecia sueva. 


No Museo Municipal de Ourense,  aspectos da convivencia entre suevos e galaico-romanos. Os cambios e transformacións na paisaxe urbana e rural da Gallaecia tardo-antiga non veñen motivados pola presenza e dominio político dos Suevos durante os 174 anos nos que exerceron o seu poder nestas terras. Foi realmente a propia dinámica evolutiva interna da sociedade galaico-romana a que marcou a transición entre o final do dominio romano e os comezos da Idade Media, un período que definimos como Antigüidade Tardía.

 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario