10 de nov. de 2016

Visita á exposición "Mulleres do silenzo. De Maruja MAllo a Ángela de la Cruz", no Marco

Unha nova visita ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Esta vez para coñecer e disfrutar da obra de 21 mulleres galegas que viviron ou viven entre as primeiras décadas do século XX e o actual s. XXI. 
Vimos obras de Maruja Mallo, como a vangardista "Muller con cabra" de 1927, de Julia Minguillón (o autorretrato coa cadela Tila, o cadro grande cheo de mulleres espidas ou a famosa "escola de Doloriñas"), as contundentes pinturas de Mercedes Ruibal da que algunha quedou impresionada do seu cadro "Chile no corazón", os formatos grandes de Menchu Lamas, as cerámicas de Elena Colmeiro e as esculturas de cartón de Mª Xosé Díaz, os fragmentos de diario gravados en tubos de aceiro de Soledad Penalta ou o armario destartalado e os extravagantes lenzos en forma de veleiro e de toldo de Ángela de la Cruz.  Ademais de Mª Antonia Dans, Mª Victoria de la Fuente, Beatriz Rey, Fina Mantiñán e Berta Cáccamo e as que nos quedan no tinteiro. Por último, entramos nun espazo de cores quentes e frías titulado "Angustia" de Mónica Alonso que servíu para interactuar e botar unhas risas.


visita exposición Mulleres do silenzo from quendadeira on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario