Cada curso iníciase cun lema e unha campaña para que o alumnado das mañás se una ao equipo de Dinamización lingüística e non esqueza que ten unha lingua propia. A chave é o lema e protagonista da campaña deste curso. O GALEGO É A CHAVE.
Efectivamente, toda lingua é chave para comunicarnos e entendernos abrindo así as portas que nos poden levar a calquera tempo e lugar. E até máis alá de todo tempo e lugar, como no caso das tradicións que nos falan de espíritus, fantasmas, almiñas e demais habitantes do alén.
Malia a súa expresión -que denota un pésimo sentido do humor-, e pese ao Aire Negro -título dunha novela de Agustín Fernández Paz-, este demo, meiga ou monstro acompañounos durante un par de semanas sen facer ningunha falcatruada.
Samaín dedicado á obra de Agustín Fernández Paz, quen transpasou el propio hai ben pouco a porta do Alén pero que antes nos deixou relatos para poñer os pelos de punta. Algúns deles quedan recreados nesta exposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario