Desta volta, os asadores de castañas viñeron de Marrocos, de Cangas e da República Checa. Parece que era a primeira vez que se xuntaban pero formaron un excelente equipo porque as castañas estaban máis boas que nunca!
Mentres as castañas arrefecían e como sobremesa non faltaron as tartas e empanadas de mazán, biscoitos, bicas e outros doces tradicionais.
Alumnado de EBI e Obradoiros.
Alumnado de Ciclos e da ESA tamén se uníu á celebración.
Neste magosto tan formal ninguén saíu coa cara tiznada pero si co bandullo cheo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario