4 de feb. de 2016

Testemuñas da historia

De cando en vez aparecen polo instituto estudantes que precisan a colaboración de persoas que viviron historias que aínda non foron contadas. Enya indaga na experiencia individual para elaborar unha visión máis real da historia recente. A través de testemuñas vivas descubre perspectivas distintas para completar a información encontrada nos libros e contar así como viviron estas mulleres un determinado momento histórico, como reaccionaron ás circunstancias, se foron capaces de realizar os seus soños, cal foi o seu grao de compromiso nos problemas que lles tocou vivir, como eran as condicións de traballo, as dificuldades da vida laboral e familiar, como viviron a sexualidade e a maternidade e todo aquilo que vai xurdindo ao longo da súa conversa.

Enya entrevistou desta vez a  Quina, Carmen e Xosefa

Ningún comentario:

Publicar un comentario