23 de xan. de 2016

Álbum de fotos

O 22 de xaneiro de 2003 participábamos na cadea humana que cubríu a costa entre Laxe e Malpica, alá na Costa da Morte, en protesta pola política levada a cabo polo goberno en relación á catástrofe do petroleiro Prestige. Daquela xuntáranse miles de profes e estudantes de toda Galiza, e só do noso IES xa eran cinco autobuses cheíños de xente miúda e graúda.

Con motivo de cursar estudos no mesmo instituto algunhas alumnas da tarde coincidiron na cadea cos seus netos, como foi o caso de Carmen (á esquerda na foto superior)
 

Algunhas das alumnas que se sumaran á protesta que daquela cursaban estudos regrados agora, despois de obter o título  de Secundaria, veñen aos obradoiros de Rodeira, como é o caso de Maruja (no centro desta foto) e a nosa incondicional e querida Pili (á dereita)

Ningún comentario:

Publicar un comentario