5 de feb. de 2016

Visita á exposición sobre Victor Said Armesto


O nome completo da exposición é Víctor Said Armesto: a lección dun cidadán libre e presenta elementos do contexto social e cultural da época en que vivíu este polígrafo pontevedrés que se interesou polos máis variados temas: música, literatura, motivos etnográficos...

"A mostra trata de dar unha visión intelectual e humana da figura de Víctor Said Armesto, a través do seu legado escrito, dándolle voz aos seus contemporáneos e contextualizando a súa obra, co fin de rescatala do esquecemento. Por ela transitan os amigos e mentores de Said: Manuel Murguía, Miguel de Unamuno, Indalecio Armesto ou Emilia Pardo Bazán; as cidades que marcaron a súa vida: Pontevedra e Madrid ou os temas de relevancia universal nos que Said foi quen de facer unha achega orixinal como o mito de don Juan, ou o deTristán, que Said alumeou dende a tradición recollida en Galicia."

 

Alumnado e profes dos distitntos grupos da quenda de tarde desprazáronse en barco a Vigo para realizar unha visita guiada na Fundación Barrié de la Maza á exposición  sobre a vida e o legado escrito do polígrafo Víctor Saíd Armesto. Despois, na Casa das Artes e da Historia, un grupo buscou fotografías antigas nos ordenadores do Arquivo Pacheco e outro visitou a exposición permanente do pintor Laxeiro, artista considerado o máximo representante do movemento vangardista galego.


Ningún comentario:

Publicar un comentario