O próximo martes 28 de xaneiro iremos a Vigo para coñecer o Centro de Interpretación das Illas Atlánticas, realizar unha visita guiada á exposición "Historias da Historia" na Fundación Barrié de la Maza e visitar a Pinacoteca Municipal, cun breve paseo polo Casco Vello alto.
Colleremos o barco das 16h para estar no Centro de Interpretación ás 16:30h.
O Centro de Interpretación das Illas Atlánticas está na rúa Palma, 4; no Casco Vello, a uns poucos metros do Porto de Pasaxe.
Visita guiada á exposición "Historias da Historia" na Fundación Barrié de la Maza a partir das 17:30
Sobre as 19h visitaremos a Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego (sen guía) frente á Porta do Sol e daremos unha volta polo barrio da Ferrería actualmente en proceso de restauración.
Volta no barco das 20h.
1º Centro de Interpretación das Illas Atlánticas
2º "Historias da Historia" Fundación Barrié de la Maza
3º Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego


Ningún comentario:
Publicar un comentario