28 de xan. de 2014

Visita ao Centro de Interpretación das Illas Atlánticas e Exposición "Historias da Historia"

Contra toda predición meteorolóxica un grupo de 33 aguerridos e aguerridas navegantes embarcaron en Cangas rumbo a Vigo. O mar, en leve marexada, permitíu á lancha arribar na hora prevista e unha vez en terra o grupo dirixíuse ao Centro de Interpretación das Illas. Alí descubríronse paneis con coloridas paisaxes,  flora e fauna en metacrilatos iluminados, historias escritas sobre fondo transparente e outras curiosidades sobre cada un dos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.








Despois do Centro de Interpretación das Illas Atlánticas dirixímonos á Fundación Barrié de la Maza, na rúa Policarpo Sanz. Alí depositamos de novo os paraguas que foron de paragüeiro en paragüeir...

Diante do Big Bang, nunha interpretación contemporánea.


Versións infantís dalgunha das obras expostas: unha dun debuxo feito con números, e outra da escultura dun esqueleto feito en resina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario