"O noso proxecto diríxese tamén ao alumnado maior, que asiste ás ensinanzas de adultos, na súa maioría galego-falante. Ofrecémoslle cursos que lle permitan ESCOLLER GALEGO non só na conversa cotiá senón tamén para escribir e acceder á cultura e ás novas tecnoloxías. Pero queremos ademais fomentar a súa autoestima e pedirlles que animen ás novas xeracións, no instituto e nas súas propias familias, a escoller ese galego tan fermoso que falan para poder recuperar a súa transmisión xeracional, rota na maioría dos fogares de Cangas.
-COIDA DAS
TRADICIÓNS E DO PATRIMONIO: Samaín, Magosto, Entroido, Letras Galegas
-ESCOLLE GALEGO
NO TEMPO DE LECER: cine, teatro, música, baile, pintura, ilustración...
-ESCOLLE GALEGO
PARA ACHEGARTE AO PORTUGUÉS
-ESCOLLE GALEGO
PARA A CIENCIA E A TECNOLOXÍA
-ESCOLLE GALEGO
NA EMPRESA E NA PUBLICIDADE
-ESCOLLE GALEGO
NO MUNDO DIXITAL E NAS REDES SOCIAIS
-ESCOLLE GALEGO NA PRENSA
CONTRA AS RELACIÓNS TÓXICAS.
A FAVOR DOS DEREITOS HUMANOS e da PAZ.
A FAVOR DA IGUALDADE: Día da Muller.
A FAVOR DA DIVERSIDADE."
Ningún comentario:
Publicar un comentario