16 de set. de 2020

Comezo de curso

  • Como teredes sabido pola prensa e a web do instituto o inicio de curso para ensinanzas regradas foi posposto unha semana o que significa que Secundaria, Bacharelato e Ciclos así como Ensinanzas Básicas e Secundaria de Adultos empezarán a partir do 23 de setembro.
  • No que respecta á quenda de tarde, acordamos facer a presentación das Ensinanzas Básicas esta mesma tarde xa que o alumnado estaba convocado e o próximo mércores 23 será a presentación de 1º/3º ESA ás 17h.
  • A matrícula nos Obradoiros será do 28 ao 30 de setembro en horario de 17 a 20h permanecendo aberta do 5 ao 15 de outubro en horario de 16 a 17h nos cursos en que quede praza. 
Confirmamos que haberá Obradoiros de Inglés de distintos niveis, Lingua para persoas estranxeiras, Lectura en Galego, Ximnasia, Memoria, Historia, Micoloxía, Xardín, Bitácora e  Iniciación a novas tecnoloxías.

Para matricularse, o alumnado novo terá que traer dúas fotos e fotocopia do DNI. 
Quen queira renovar o seu carné de estudante ten que traer o antigo e, se precisa, foto nova.


Ningún comentario:

Publicar un comentario