4 de abr. de 2020

O universo nos ollos dun gato



É un pracer escoitar historias, aínda que non sexan máis que as reflexións do ancián que senta baixo a árbore e o miañar do gato que quere  facerse amigo del.

E para gato famoso en Cangas o da tasca mariñeira, do poeta Bernardino Graña,
velai vai a penúltima estrofa do poema:

"O gato calandiño ergue as orellas
tan maino tan suavísimo sen gana
cruza por entre as pernas entre as botas
altas botas de caucho contra as augas co seu rabo
arriquichado e duro e tan en calma
e aquí non hai silencio que hai vinte homes
e están ben lonxe os mares que arrebatan."

E, por se o queres ler, o poema enteiro.

Anímaste a escribir ti unha historia na que os protagonistas sexan un vello e un gato?

Ningún comentario:

Publicar un comentario