23 de mar. de 2020

Recanto de Historia para Aprender a Aprender e Exercitar a Memoria



Aplica un método parecido ao de "Escoita activa para comprender cada vez mellor" para aprender a aprender calquera tema, neste caso de historia. Por exemplo, facéndote preguntas a medida que visualices estes vídeos.
Escribe un mínimo de 10 preguntas que ao longo da visualización do vídeo verías contestadas (como: Que pobos habitaban o que hoxe é Galiza na prehistoria? Cando chegaron os romanos a esa zona da península?...) Ao acabar de velo, contestas as túas propias preguntas. Despois volves ver o vídeo para comprobar ou completar as respostas.



Outra proposta de exercicio. 
En lugar de preguntas, mentres visualizas o vídeo escribes palabras que poidan ser claves para contar de que trata (do tipo: Europa, pobos, prehistoria, polis gregas, territorios, Alejandro Magno, Roma, imperios, expansión, Constantinopla/Bizancio...)
Ao acabar de velo, con esas palabras soltas elaboras un texto contando de que trata (como tal: "Esta é unha brevísima historia de Europa, dos pobos que a habitaban na prehistoria, da civilización grega e as súas cidades chamadas polis, da súa expansión polo Mediterráneo..." etc. e tal)

Ningún comentario:

Publicar un comentario