Hai un par de semanas, na vida normal dos martes, no Obradoiro de Bitácora acordamos escribir un relato breve, micro ou como queiramos chamarlle. Igual alguén xa o teña feito antes de entrar na cuarentena. Se non é así, chegou a hora de escribir un. O tema é libre, aínda que é probable que semelle de ciencia ficción pois estes días a realidade supera toda fantasía.
Á esquerda, a páxina do magazine cas características principais dun microrrelato.
Nesta biblioteca atoparedes minicuentos en español
Escribide os vosos propios microrrelatos e mandalos a:
Outra posibilidade é gravalo co móbil e mandar a gravación ao mesmos correo.
Non deixedes de escribir. En tempos difíciles precisamos ocuparnos, compartir e seguir en contacto. Se tendes preguntas ou propostas novas tamén as podedes mandar ao correo.
Aburiño!!
Aburiño!!
Canta vida neste fantástico traballo! Noraboa!
ResponderEliminar