"Nós somos das que facemos historia" rezaba o slogan da II Olimpiada
galega de historia. E así foi, Rodeira presentou A PRIMEIRA EQUIPA DA
ESA que participa nas Olimpiadas galegas de Historia, abrindo o camiño a
futuros grupos de educación de adultos. Nesta aventura tamén nos
acompañaron alumnos da ESO abandeirando a quenda da mañá e participando
co nome "Desembarco de Rodeira"
Chegar ao día da Olimpiada supuxo un camiño do que abofé disfrutamos mentres preparabamos a materia, xogando cos contidos da programación de Historia contemporánea de 4º da ESO/ESA para ser quen de resolver as cuestións do concurso con elegancia e solvencia. Un xeito entretido de achegarnos á historia que mestura a axilidade mental, o espírito de traballo en equipa, a adrenalina da competición e o pracer por aprender, habilidades todas que caracterizan ao noso querido alumnado.
Madrugamos arreo, viaxamos entusiasmados, acolléronnos con moitísimo cariño e disfrutamos da mañá de competición e do compañeirismo que leva implícito partillar unha xornada coma esta.
Noraboa a todos e todas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario